Total visitas á páxina

sábado, 17 de noviembre de 2007

As Amaianas presentan o seu disco na Radio Galega


Son unha ducia de mozas ás que lles gusta a música tradicional e que, ademais, están dotadas de voces prodixiosas. O Concello editoulles hai uns meses o seu primeiro disco e agora toca promocionalo. Un dos lugares máis axeitados é a radio e se é dentro dun programa especializado, pois mellor. Esta tarde a partir das catro as Amaianas presentan no programa da emisora autonómica Lume na palleira o seu traballo e tamén a súa capacidade para cantar ao vivo diante dos micrófonos.Lume na palleira nunca falta á súa cita dos sábados pola tarde cos amantes da música tradicional galega. De feito este espazo dirixido por Emilio Españadero é un dos que leva máis anos en antena na Radio Galega.Esta tarde as súas convidadas serán sete das compoñentes das Amaianas. Este grupo xurdido no seo do Obradoiro de Música Tradicional organizado pola Concellaría de Cultura vai presentar o seu primeiro traballo discográfico do que, polo momento, se distribuíron 500 copias. No espazo radiofónico, As Amaianas contarannos como lles deu por meterse nisto da música e seguramente tamén nos darán unha exhibición en directo das súas voces.


Tomado de: http://www.concellodeames.org/comunicacion/nova.php?lg=gal&id_nova=1177

No hay comentarios: