Total visitas á páxina

lunes, 30 de julio de 2012

Maianas en Vas sacar nota(CRTVG)


Cando no ano 2007 se xuntaron as ganas por facer algo diferente, a amizade, os anceios de liberdade e o gusto pola nosa música e tradición, xorde un novo proxecto musical en  Ames chamado “MAIANAS”. Eran un grupo de mozas que gustaban de cantar, de tocar, de coñecer e darlles vida aos nosos instrumentos tradicionais.
A historia comezou a tecerse o 14 de novembro de 2006 cando coñecemos á centenaria señora Herminia, de Cordeiro (Valga) e a escoitamos cantar e repenicar a pandeireta cunha felicidade tan grande, que nos fixo ver a nosa cultura doutro xeito, cunha luz e un brillo que nunca antes atoparamos. Foi así como un ano despois xurdiron as “Maianas”.
Primeiro eran pezas de tradición oral pero pouco a pouco os maxíns empezan a traballar e a crear temas propios de corte tradicional, como este “Xa te olvidaches de min”, cos que moitos e moitas se poden sentir identificados.
Aínda que o noso estilo pode que non peque moito co concurso, esta canción é tan pegadiza que en cada actuación que a cantamos sempre sae a xente cantándoa…POR ALGO SERÁ!!!
As Maianas somos: Ainoa, Cruz, Inés, Irene, Lidia e Ruth.

lunes, 23 de julio de 2012

ROMERIA DO SAN VIÑO 2012 de A Meixida.

Fotos tomadas de: http://a8.sphotos.ak.fbcdn.net/hphotos-ak-ash3/558184_396145143778505_1001365526_n.jpg

jueves, 5 de julio de 2012

XI Festival de Retrouso de Cela (Bueu)


O Grupo de Pandereteiras as Maianas de Ames no XI Festival de Retrouso de Cela (Bueu)