Total visitas á páxina

viernes, 26 de octubre de 2012

Chirindaina, Queiroa e Maianas, no Festival de Cantareiras de Terra Meiga

Diario de Ferrol-2012-10-25-014-941cb7b9

REDACCIÓN FERROL    .
A agrupación folklorica e cultural Terra Meiga celebra mañá ás 20.00 horas no Centro Carvalho Calero a III edición do seu Festival de Cantareiras, un evento organizado conxuntamente coa asociación Alén de Ancos. As formacións participantes serán Chirindaina de Ferrol, as cantereiras Queiroa de Sada e as pandereteras Maianas, de Ames.
Desde hai máis de 40 anos Terra Meiga, a entidade fundada en 1968 polo coreógrafo e folclorista local Gonzalo Garrote Seco, vén organizando todo tipo de actividades: conferencias, exposicións, festivais e actos culturais, contribuíndo a resaltar os costumes e tradicións propios da cultura galega.
Entre as iniciativas máis destacadas da entidade presidida por Basilio Baamonde figura a organización do Festival Folclórico Internacional Cidade de Ferrol, “A Repichoca”, o encontro infantil Alborada e o Festival de Cantareiras e Cantareiros “O Son dos Antergos”, entre outros.